Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 30 de maio de 2001 Páx. 7.212

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2000 do sector de industrias de carpintería e ebanistería.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 2000 do sector de industrias de carpintería e ebanistería da provincia da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 25-4-2001, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Carpintería e Ebanistería, e, da parte social, por UGT e CC.OO., o día 24-1-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de abril de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial para as industrias

de carpintería e ebanistería da Coruña

Asistentes:

Parte empresarial:

Cándido Hermida Campos.

Ramón Caramés Seoane.

Jesús Rey Barral.

Parte social:

Jesús Mª Calvo Romero (UGT).

Celestino Pérez Vázquez (UGT).

Argimiro González Pérez (CC.OO.).

Santiago Huertas Pazurama (CC.OO.).

Na Coruña, ás dezasete horas do día vintecatro de xaneiro de dous mil un, nos locais da asociación

de empresarios, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo provincial para as industrias de carpintería e ebanistería da Coruña.

O único punto que se trata é a aplicación do punto 4º do acordo da comisión negociadora do convenio estatal da madeira, no que di que, partindo do IPC publicado polo INE o 31 de decembro de 2000, no que superase o IPC previsto+0,2% que se adicionaría ó incremento que se pactase para o ano 2001.

Acórdase elabora-las mencionadas táboas co 1,8% de aumento sobre as anteriores, por ser esa porcentaxe o resultado da aplicación do dito artigo.

Despois de confeccionadas as normas, acórdase envialo ó BOP para a súa publicación.

E non habendo máis asuntos que tratar, deuse por rematada a reunión, ás dezasete trinta horas da data arriba indicada.

Convenio colectivo provincial para as industrias

de carpintería e ebanistería

Revisión da diferencia do IPC previsto

do 2000 ó IPC real do 2000

DíaMes

-Persoal obreiro
Encargado4.330131.688
Oficial primeira4.249129.242
Oficial segunda4.166126.698
Axudante4.079124.088
Especialista3.997121.577
Peón3.921119.273

-Técnicos
E. proxectista134.247
Perito131.342
ATS131.342
Delineante126.366
Auxiliar analista123.711

Persoal subalterno
Ordenanza118.074
Garda e vixilante118.074

-Persoal administrativo
Xefe de primeira134.247
Xefe de segunda131.342
Oficial de primeira131.342
Oficial de segunda126.366
Auxiliar123.711

Complemento de asistencia 210

Complemento de transporte 486