Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 30 de maio de 2001 Páx. 7.210

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio co-

lectivo da empresa Frigoríficos de Galicia, S.A.-Frigalsa.

Vista a acta da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Frigoríficos de Galicia, S.A.-Frigalsa, con nº de código 3600652, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-4-2001, subscrita pola comisión negociadodra do convenio, en data 18-4-2001. De conformidade co disposto no artigo 3 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 25 de abril de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Convenio colectivo 2000

Mantense en vigor todo o texto do convenio colectivo para 2000, agás os seguintes artigos:

Artigo 11º.-Complemento de transporte e distancia.

Establécese un complemento de transporte e distancia na contía total de 199 pesetas por un día efectivo de traballo.

Artigo 14º.-Valor das horas extraordinarias.

O valor de cada hora extra será de 1.354 pesetas, agás as traballadas en sábados e festivos, que serán de 2.485 pesetas. A partir das 22 horas, as horas extraordinarias terán un valor de 3.107 pesetas, nos sábados e festivos, e de 1.693 pesetas nos restantes días.

Vigo, abril de 2001.

Pola empresa:

Teófilo Ceniceros Gallego, director xeral.

Jacinto Salvador Fernández, director administrativo.

Adolfo Viéitez Davila, director de planta.

Esperanza Riobó Ibáñez, administrativa.

Como asesores:

Manuel Blázquez Pallarés.

Míriam Blázquez Astorga.

Polos traballadores:

José Fernández González.

Luciano Villar Rodríguez.

Jesús Sanmartín Torres.

Juan C. Sobrido Valverde.

José M. Campelos López.

ANEXO

Convenio 2000

Táboa salarial-Revisión IPC 2000

Categoría

Soldo base

Complemento

convenio

Tóx. penoso

ou nocturno

Gratif.

voluntaria

Total mes

Cuadrienio

Director administrativo128.37542.962-102.296273.6337.322
Xefe sección109.02940.342-76.715226.0866.216
Oficial 1ª administrativo109.02939.319-63.939212.2876.216
Oficial 2ª administrativo103.01334.204-37.279174.4965.874
Oficial 3ª administrativo96.90732.175-35.073164.1555.510
Auxiliar admtvo. nivel 190.35331.648-36.249158.2505.137
Auxiliar admtvo. nivel 264.90821.549-23.492109.9493.690
Auxiliar admtvo. nivel 361.42820.396-22.232104.0563.492
Telefonista57.95419.242-20.97498.1703.319
Aprendiz admtvo.56.79318.858-20.55496.2053.228
Mozo dos recados/ordenanza55.63418.473-20.13594.2423.163
Xefe de sección109.02940.342-76.715226.0866.216
Oficial 1ª101.80330.68220.35928.060180.9045.789
Oficial 2ª100.30027.50420.05928.406176.2695.703
Oficial 3ª93.04428.03918.60925.649165.3415.291
Peón especialista90.35127.22618.07024.901160.5485.151
Axudante96.38528.57719.27714.100158.3395.479
Peón estibador83.74115.59416.747-116.0824.761
Peón72.40313.49014.482-100.3754.116
Xefe de sección109.02940.342-76.715226.0866.216
Maquinista105.81031.64921.16428.233186.8566.016
Oficial 1ª maquinista104.91730.58520.98424.894181.3805.964
Oficial 2ª maquinista100.30027.50420.05928.406176.2695.703
Axudante máquinas N-196.38327.62119.27721.004164.2855.478
Axudante máquinas N-296.38327.62119.27715.062158.3435.478
Axudante máquinas N-369.07519.79113.81415.053117.7333.928
Axudante máquinas N-457.55716.49511.51112.54498.1073.273
Vixilante N-187.87722.1888.78818.573137.4264.997
Vixilante N-269.62417.5716.96214.723108.8803.958
Muller limpeza N-186.59322.631-25.836135.0604.923
Muller limpeza N-263.48616.588-18.93999.0133.609

2.727.513831.208269.439956.7514.784.911155.216