Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 30 de maio de 2001 Páx. 7.207

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de maio de 2001, polo que se modifica a relación de postos de traballo do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A necesidade de adecua-lo cadro de persoal do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) ás súas necesidades de funcionamento, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo do devandito instituto.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaoito de maio de dous mil un,

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo do Instituto Galego das Artes Escénicas

e Musicais (IGAEM) da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Deixar sen efecto a relación de postos de traballo do IGAEM publicada no DOG nº 70, do 10 de abril de 2000.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezaoito de maio de dous mil un, relativo á modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública