Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 30 de maio de 2001 Páx. 7.199

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de maio de 2001, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Polo Decreto 202/2000, do 21 de xullo (DOG nº 150, do 3 de agosto), modifícase a estructura orgánica da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, fixada polo Decreto 488/1997, do 27 de decembro, no que se refire á Dirección Xeral de Fomento do Emprego.

Pola súa parte, o Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro (DOG nº 49, do 10 de marzo), configura o Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia adscrito orgánica e funcionalmente á Dirección Xeral da Xuventude, como o núcleo fundamental da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil. Quedan integrados no referido centro a Casa da Xuventude e TIVE de Santiago de Compostela.

Todo isto, así como a necesidade de adecua-lo cadro de persoal das oficinas de emprego e outros

centros dependentes da consellería ás súas necesidades de funcionamento, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaoito de maio de dous mil un,

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nos termos que se sinalan nos anexos a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

FA.C05.00.000.15770.001Secretario/a do director/a xeralArtigo 6 da Orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro)

Posto de confianza.

FA.C05.00.002.15770.011Secc. Tec. F.O.F.S.E. e inic. comunitariasPosto de especial responsabilidade polo manexo de fondos procedentes do Fondo Social Europeo.

FA.C.06.00.201.15770.001Director do centro coordinadorArtigo 7.2º b) do III Convenio Colectivo Único, para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG nº 249, do 28 de decembro de 1994), tendo en conta que o cambio de denominación do centro devén unicamente da ampliación do ámbito territorial de actuación autonómico dos servicios para prestar por este, consonte as esixencias que ademais deben cumprirse ó abeiro do Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezaoito de maio de dous mil un, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, coa finalidade de cumpli-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública