Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 30 de maio de 2001 Páx. 7.199

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 29 de marzo de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de marzo de 2001, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG número 64, venres 30 de marzo de 2001, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 4.008, no código de posto MA.C99.20.091.

27001.006, na columna corpo/escala, debe engadirse: «(ESCALA AXENTE FORESTAL)».

Na páxina 4.083, suprimir desde: «CENTRO DE DESTINO SERVICIO MEDIO AMBIENTE NATURAL-COMPLEXO INTERMAREAL UMIA-GROVE.

... / ...

ata o posto MA.C30.310.36560.035, PEÓN FORESTAL inclusive, por tratarse de códigos da Delegación Provincial de Pontevedra que deben figurar na páxina 4.096».

Así mesmo, incluír na páxina 4.096 a seguir do código de posto MA.C99.30.310.36040.041 CELADOR/A 20 (VIXILANTE RECURSOS NATURAIS todo o suprimido da páxina 4.083.