Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 30 de maio de 2001 Páx. 7.198

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 9 de maio de 2001 pola que se dispón o cesamento dun membro do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

O Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que se regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, prevé a acreditación dun comité ético de investigación clínica de referencia que terá como ámbito xeográfico e institucional de actuación a Comunidade Autónoma de Galicia.

Por Orde do 11 de xullo de 1996 créase o Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia. O seu artigo 3º dispón que a composición do comité se axustará ó establecido no Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, e os seus membros se nomearán por orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, a Orde do 11 de xullo de 1996, e a disposición adicional primeira do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que se regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da División de Farmacia e Productos Sanitarios do Servicio Galego de Saúde,

DISPOÑO:

Artigo único.-O cesamento como membro do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, creado

pola Orde do 11 de xullo de 1996, da persoa que se cita no anexo.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2001.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Cesa como membro do Comité de Investigación Clínica de Galicia: Carmen Otero Chavert.