Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 29 de maio de 2001 Páx. 7.187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 30 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de resolución do expediente sancionador 51/2000 a Jesús Fernández Varela.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 51/2000, seguido de oficio, contra Jesús Fernández Varela, finalizando este trámite con resolución de expediente sancionador por dedica-la vivenda de promoción pública adxudicada a alugamento. Expediente LU-83/080, conta 48.

O citado acordo é do seguinte teor:

Resolución do expediente sancionador 51/2000.

Vistas as actuacións practicadas no expediente sancionador número 51/2000, tramitado contra Jesús Fernández Varela, o instructor emite a seguinte proposta de resolución.

Antecedentes de feito.

1. Con datas do 10 de novembro de 2000, realizouse visita de inspección á vivenda 3º C do edificio nº 1 da rúa Aquilino Iglesia Alvariño de Lugo, acollido ó réxime de vivendas de promoción pública baixo o número LU-83/080, resultando dela que na vivenda non reside o propietario Jesús Fernández Varela e na que viven Carmen González Grifón e o seu marido Leonardo Pena Fernández en réxime de alugamento.

2. O artigo 5, letra B e C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, dispón que «a dedicación das vivendas de protección oficial a usos non autorizados ou a alteración do réxime de uso delas, establecido na cédula de cualificación definitiva» e «o non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses», constitúe unha infracción grave.

3. En data do 14 de novembro de 2000, foi dictado acordo de iniciación de procedemento sancionador baixo o número 51/2000, polo que se lle imputaban a Jesús Fernández Varela, a comisión dunha infracción administrativa do artigo 5, letra C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro.

O citado acordo foi notificado ó denunciado mediante publicación no Diario Oficial de Galicia de data 29 de xaneiro de 2001.

4. En data 23 de febreiro de 2001 dictouse proposta de resolución do citado expediente sancionador, pola que se propoñía a imposición a Jesús Fernández Varela dunha sanción de 500.000 pesetas de multa.

Concedido prazo de 15 días para que formulase alegacións, o denunciado non fixo uso deste dereito.

Feitos probados.

Da práctica dos medios probatorios derívanse os seguintes feitos probados:

Único.-Que Jesús Fernández Varela incumpriu a obriga de destina-la vivenda adxudicada a domicilio habitual e permanente, e de dedica-la citada vivenda a alugamento.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para dicta-la resolución do presente expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, en virtude do disposto no artigo 1 do Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda establecidas no artigo 10 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

2. Que a infracción imputada se atopa tipificada no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda que sinala que «terán a cualificación de infraccións graves... c) o non destino das vivendas de protección ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante o prazo superior a tres meses» e, en tal sentido, o Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda, define no seu artigo 3 que se entende por domicilio habitual e permanente, e del despréndese que se entende por domicilio permanente o que constitúa a residencia do titular, ben sexa propietario o arrendatario, e sen que perda tal carácter polo feito de que este, o seu cónxuxe ou parentes, dun e doutro, ata o terceiro grao que convivan co titular, exerzan na vivenda unha profesión ou pequena industria

doméstica, aínda que sexa obxecto de tributación, e por domicilio habitual, enténdese cando a vivenda non permaneza desocupada máis de tres meses, salvo que medie xusta causa.

3. Que non xustificou plenamente a ocupación da vivenda de promoción pública que lle foi adxudicada mediante as alegacións presentadas e a documentación unida a elas.

Vistos os artigos citados, a Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común e o

Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora,

RESOLVO:

Impoñer a Jesús Fernández Varela, unha sanción de 100.001 pesetas de multa.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada de conformidade co establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, diante do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes.

Lugo, 30 de marzo de 2001.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo