1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de apertura dun vertedoiro de residuos de construcción e demolición no concello de Monforte de Lemos.
2.2. Prazo de execución: tres (3) meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: trinta e un millóns oitocentas noventa e catro mil duascentas tres (31.894.203) pesetas, IVE incluído (191.688,02 euros).
5. Fianza provisional:
2% do orzamento de licitación: seiscentas trinta e sete mil oitocentas oitenta e catro (637.884) pesetas, (3.833,76 euros).
6. Fianza definitiva:
4% do orzamento de licitación: un millón duascentas setenta e cinco mil setecentas sesenta e oito (1.275.768) pesetas, (7.667,52 euros).
7. Clasificación: grupo A, subgrupos 1 e 2, categoría E.
8. Documentación e información.
8.1. Documentación:
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copynino, sita na rúa Xeneral Pardiñas nº 2 de Santiago de Compostela (teléfono: 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N= 416.
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:
-No epígrafe asunto: nome do concurso.
-Nome da empresa.
-Nº de teléfono.
8.2. Información.
Teléfono: 981 54 17 49.
9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
9.3. Lugar de presentación.
a) Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
10. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública; sala de xuntas B.
b) Enderezo: Complexo Administrativo de San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12 horas.
11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2001.
P.D. (Orde 12-1-1998)
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente