Visto o expediente de caducidade iniciado a Crustáceos y Moluscos S.A., na condición de titular dunha granxa mariña, sita en Couso-Ribeira (A Coruña).
a) Feitos.
Primeiro.-Con data do 21-10-1999 a Delegación Territorial da Consellería na Coruña acordou a incoación do expediente de caducidade da licencia e concesión administrativa debido ó incumprimento do disposto na letra a) do artigo 72 da Lei 6/1993, de pesca de Galicia, por cesamento na actividade durante máis de dous anos.
Segundo.-O acordo de incoación do expediente e o nomeamento do instructor/a e secretario/a foille comunicado ó interesado con data do 28-10-1999, sen que se formulasen alegacións, dentro do prazo establecido, contra a iniciación do expediente de caducidade.
Terceiro.-A proposta de resolución foille notificada ó interesado o 8-2-2000, sen que se formulasen alegacións contra o seu contido, dentro do prazo establecido.
Cuarto.-O instructor propón, con data do 9-3-2000, a declaración da caducidade da licencia e concesión administrativa do mencionado establecemento de cultivos mariños.
b) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.
Segundo.-Lei 22/1988, do 29 de xullo, de costas.
Terceiro.-Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento da Lei de costas.
Cuarto.-Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento da licencia e concesión administrativa para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares localizados na zona terrestre.
Quinto.-Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Considerando que o expediente se tramitou de conformidade coa lexislación vixente.
Considerando que con data do 18 de abril de 2001 o Servicio Técnico-Xurídico emitiu informe favorable.
Esta consellería, no exercicio das súas atribucións e competencias,
RESOLVE:
Extingui-lo título habilitante do establecemento de cultivos mariños que a seguir se relaciona:
* Tipo: granxa.
* Nome: Crustáceos y Moluscos S.A.
* Especies: ameixa babosa (Venerupis pullastra), ameixa fina (Ruditapes decussatus), camarón (Palaemon spp.), centola (Maja squinado), polbo (Octopus vulgaris).
* Situación: Couso-Ribeira (A Coruña).
* Título habilitante: licencia e concesión administrativa (Orde do 13-6-1986)
* Data outorgamento: 27-6-1986 (DOG número 124).
* Vixencia: 27-6-1996.
* Titular: Crustáceos y Moluscos S.A.
* Superficie dominio público: 693 m x m.
* Superficie dominio privado: 9000 m x m.
A causa pola que se resolve a extinción é o abandono da actividade de cultivo, por un período superior a dous anos, tal e como establece o artigo 72 a) da Lei 6/1993, de pesca de Galicia.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a xurisdicción contencioso-administrativa; ámbolos prazos contaranse desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común
e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de abril de 2001.
P.D. (Orde 17-2-1997, DOG nº 246 do 22 de decembro)
Juan José Álvarez Pérez
Secretario xeral da Consellería de Pesca,
Marisqueo e Acuicultura