Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 29 de maio de 2001 Páx. 7.182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de maio do 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio ambiental, a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e o proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto de parque eólico da Peroxa, situado nos concellos de Carballedo (Lugo) e A Peroxa e Vilamarín (Ourense). (Expediente 01/01 DXI-EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, artigo 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública.

Estudio ambiental, autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico da Peroxa.

Peticionario: Endesa Cogeneración y Renovables, S.A.

Enderezo: Rúa do Castiñeiriño 12-3º, 15702 Santiago de Compostela.

Emprazamento: Carballedo (Lugo) e A Peroxa e Vilamarín (Ourense).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (594.000, 4.707.300), V (594.000, 4.706.000), V (596.000, 4.703.000), V (600.000, 4.702.800), V (601.000, 4.703.000), V (601.000, 4.704.200), V (600.000, 4.706.000), V (596.000, 4.706.000), V (595.500, 4.707.000).

Características técnicas do parque eólico.

Nº de aeroxeradores: 52.

Potencia nominal unitaria: 660 kW.

Potencia total instalada: 34,32 MW.

Tipo de aeroxerador: MADE AE 46/I de 660 kW.

Producción neta anual estimada: 2.280 horas/ano.

Orzamento total: 3.820.043.813 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión.

52 aeroxeradores MADE AE 46/I de 660 kW.

52 transformadores, situados na torre do aeroxerador, de 700 kVA de potencia e de relación de transformación de 0.69/30 kV coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora de 30/132 kV.

A subestación transformadora, de relación de transformación 30/132 kV constituída por dous transformadores de 20 MVA de potencia cada un, para evacuación de enerxía producida no parque eólico da Peroxa.

Faise público para coñecemento xeral que se poderá examina-lo proxecto e presenta-las obxecións ou alegacións que consideren oportunas, nesta dirección xeral sita no edificio administrativo San Caetano, bloque 5-4ª planta, 15771 (Santiago de Compostela) ou ben nas delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Lugo e Ourense, no prazo dun mes, contado a partir da derradeira publicación deste anuncio.

O estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico da Peroxa poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Lugo e Ourense, delegacións Provinciais da Consellería de Medio Ambiente de Lugo e Ourense e concellos de Carballedo (Lugo) e A Peroxa e Vilamarín(Ourense), podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes

ante a Dirección Xeral de Industria ou delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Lugo e Ourense, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Rematado o dito prazo, o expediente xunto coas alegacións recibidas remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Así mesmo, o proxecto sectorial do parque eólico da Peroxa poderase examinar nos citados concellos e nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Dirección Xeral de Industria, dentro do prazo sinalado anteriormente.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria