Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 29 de maio de 2001 Páx. 7.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 23 de abril de 2001, da Delegación Comarcal de Pontevedra, pola que se notifica a apertura e o prego de cargos do expediente sancionador PESAN1 2001/000117-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a apertura e pregos de cargos dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentaren ante a delegación territorial as alegacións que estimen pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Comarcal de Pontevedra, Andrés Mellado, 15-1º.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000117-5.

Denunciado: Benito Salvi Luis Lorenzo.

DNI: 46.041.293.

Enderezo: Soutullo-Noalla, 86, Sanxenxo.

Pontevedra, 23 de abril de 2001.

Carlos Costa Fraga

Delegado comarcal de Pontevedra