Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 29 de maio de 2001 Páx. 7.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2001 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Coto Teixido. (Expediente 20/1999-EOL).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Made Energías Renovables, S.A. (actualmente Endesa Cogeneración y Renovables, S.A.) con enderezo para efectos de notificacións en Rúa do Castiñeiriño, 12-3º-A, C.P. 15702 Santiago de Compostela, sobre a utilidade pública das instalacións do parque eólico denominado Coto Teixido, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 25-2-2000, Jerónimo Llompart Homs, en nome e representación da empresa Made Energías Renovables, S.A., solicitou a declaración de utilidade pública, do parque eólico denominado Coto Teixido, de 24,42 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000,

do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados someteuse a información pública por acordo da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, do 16-3-2000, para os efectos previstos nos decretos 2617/1966 e 2619/1966, xa mencionados, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995 citado. A resolución publicouse nos seguintes medios: no diario El Ideal Gallego do 3-4-2000, DOG do 4-4-2000, no BOP da Coruña do 5-4-2000 e no taboleiro de anuncios dos concellos de Ortigueira e Mañón e deuse coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Terceiro.-O 9 de febreiro de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico, reducíndose o número de aeroxeradores de 37 a 35, producíndose unha redistribución dos aliñamentos e un cambio na numeración destes.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Josefa Angelita Jarel Rey manifesta que un predio da súa propiedade se atopa afectado polas instalacións do parque eólico, polo que solicita sexa desafectado ou ben indemnizado axeitadamente.

2. Fátima Ojea Barcón, avogada actuando en representación de Raimudo García Caaveiro, Gonzalo Gómez Guerreiro e María Gómez Guerreiro, Mercedes Durán Corral e Emilia Sanjurjo Durán, manifestan ser donos de predios situados na parroquia das Neves (concello de Ortigueira), nos lugares coñecidos como Corvite Grande, Corvite Pequeño, As Zaipas e polo tanto non corresponden ó concello de Ortigueira tal como aparece no rexistro da propiedade.

3. As alegacións ambientais foron remitidas ó órgano ambiental e recollidas na declaración de efectos ambientais do citado parque.

Quinto.-O 4 de abril de 2001, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución, para unha potencia de 23,1 MW, coas seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

Coto TeixidoOrtigueira e MañónXY

1596.0004.287.400

2596.5004.827.400

3597.0004.826.400

NomeMunicipioVértices

Coto TeixidoOrtigueira e MañónXY

4597.8004.826.000

5598.0004.825.300

6599.4004.825.000

7599.0004.824.000

8598.0004.824.500

9597.4004.823.400

10596.5004.824.000

11595.6004.823.600

12595.8004.824.200

Características técnicas do parque:

Nº de aeroxeradores: 35.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

Xeradores: MADE AE-46/I.

Potencia total instalada: 23,1 MW.

Producción anual estimada: 61.294 MWh/ano.

Investimento previsto: 3.493.343.215 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión.

-35 centros de transformación de 700 kVA de potencia unitaria e relación de transporte de transformación 0,69/30 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre centros de transformación de aeroxeradores e centros transformación de aeroxeradores e centro de distribución de 30 kV.

-Liñas subterráneas de comunicacións entre aeroxeradores e centro de distribución de 30 kV formadas por cable de comunicacións con tres pares independentes.

-Centro de distribución de parque en 30 kV, dotado de paramenta de seccionamento, manobra e protección para a súa interconexión coa liña de evacuación.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a Lei 54/1997, do 27 de novembro e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a estas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Non podemos acepta-la alegación formulada por Josefa Angelita Jarel Rey, xa que esta non se atopa incluída na relación de propietarios afectados polas instalacións do parque eólico.

2. En relación coa alegación formulada por Fátima Ojea Barcón respecto a posibles erros na titularidade

dos predios afectados pola instalación do proxecto, cabe dicir que a empresa beneficiaria tomará razón destas. Non obstante, será no levantamento de actas o momento no que pode demostra-la titularidade, achegando a documentación acreditativa necesaria.

Terceiro.-O artigo 52 da Lei 54/1997, reguladora do sector eléctrico declara de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía, cos efectos que se determinan no artigo 54 da mesma norma.

Cumpridos os trámites establecidos nos artigos 9, 10 e 11 do Decreto 2619/1966 que aproba o regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sanción en materia das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios no expediente instruído para o efecto.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Coto Teixido, nos municipios de Ortigueira e Mañón (A Coruña), o que leva implícita a necesidade de ocupación dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados a partir da citada data, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2001.

P.D. (Orde 13-10-1999,

DOG nº 207, do 26 de outubro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio