Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 29 de maio de 2001 Páx. 7.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado L.A.T. a 220 kV da subestación do P.E. Ameixeiras ó P.E. Masgalán, no concello de Forcarei. (Expediente IN407A 00/132-4).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da L.A.T. 220 kV da subestación P.E. Ameixeiras a P.E. Masgalán, sita no termo municipal de Forcarei (Pontevedra), por resolución da Dirección Xeral de Industria do 5 de abril de 2001, a favor da entidade beneficiaria Gamesa Energía, S.A., con enderezo para efectos de notificacións na avenida do Cruceiro da Coruña, 201A, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña).

Esta delegación acorda sinala-los días que máis abaixo se indica para o levantamento das actas previas á ocupación no Concello de Forcarei, que se fixa como punto de reunión previo, sen prexuízo de desprazarse posteriormente ó terreo, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, para o levantamento das

actas, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables que son obxecto de expropiación forzosa, servidumes permanentes de paso e ocupación temporal por obras, contidos na relación de predios que se xunta e se expón con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Forcarei, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia, do 31 de maio de 2000; actos ós que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual, sinalándoselle-la data e hora do levantamento efectivo das actas.

PrediosDataHora

Nº 5, 6 e 721 de xuño de 200110.30

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

Vigo, 9 de maio de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra