Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 29 de maio de 2001 Páx. 7.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/46-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Rabaza.

Situación: Ourense.

Características técnicas: liña a 20 kV subterránea, en conductor R.H.Z.1 12/20 kV, de 500 m de lonxitude, derivada desde o C.T. Otero Pedrayo e remata na L.M.T.S ó C.T. r/ Buenos Aires-3, logo de alimenta-lo C.T. proxectado en planta baixa de edificio con 400 kVA r/t 20.000/380-220 V, en Rabaza.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 23 de abril de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense