Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 29 de maio de 2001 Páx. 7.169

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2001 pola que se lle dá publicidade ó acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba a modificación das bases de xestión económico-financeira deste instituto.

Mediante acordo do 30 de marzo de 2000, o Consello de Dirección do Igape aprobou as súas bases para a xestión económico-financeira do instituto, co obxecto de regula-la totalidade das actividades que, con contido económico-financeiro, desenvolven os órganos de xestión do instituto, feitas públicas mediante Resolución do 11 de abril de 2000 (DOG nº 81, do 27 de abril).

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas

RESOLVO:

Único.-Publica-la modificación das bases para a xestión económico-financeira do Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, acordada polo consello de dirección do instituto na súa reunión con data do 29 de marzo de 2001, as cales figuran como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

ANEXO

Modificación das bases de xestión

económico-financeira do Igape aprobadas

mediante acordo do 30 de marzo de 2000

-Modifícase a base 4ª, epígrafe III), punto b), parágrafo 2.5), que queda redactada do seguinte xeito:

«2.5) No secretario xeral:

-A contratación de bens e servicios e, en xeral, a aprobación de calquera gasto, agás os referentes a actividades de formación, que non superen as 500.000 pesetas».

-Modifícase a base 4ª, epígrafe IV), punto a), parágrafo derradeiro, que queda redactada do seguinte xeito:

«Os documentos contables correspondentes a estas fases serán autorizados, por proposta da secretaría xeral, pola dirección xeral do instituto, sempre que a súa contía exceda de 500.000 pesetas.

Ata o dito importe límite total, corresponderá a autorización á Secretaría Xeral, por proposta da Subdirección de Xestión Económico-Financeira. A atribución conferida, neste eido, á secretaría xeral, comporta a competencia material de recoñecemento e liquidación de dereitos e demais consubstanciais ó proceso de xestión financeira».

-Modifícase a base 4ª, epígrafe V), punto a), engadindo un segundo parágrafo, do seguinte teor:

«Na totalidade dos supostos de ordenación de pagamentos, tanto orzamentarios como extraorza

mentarios, que corresponda ordenar ó secretario xeral, sexa de ordinario como nos casos de substitución do director xeral, formulará a proposta contida no correspondente documento contable o subdirector de Xestión Económico-Financeira. Nos pagamentos ordenados polo director xeral, subscribirá a referida proposta o titular da secretaría xeral».