Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 29 de maio de 2001 Páx. 7.150

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se lle autoriza á Escola Familiar Agraria Piñeiral de Arzúa (A Coruña) a transformación dunha unidade de formación profesional de segundo grao nun ciclo formativo de grao medio.

Examinada a solicitude formulada polo titular da Escola Familiar Agraria de Arzúa (A Coruña), que solicita a transformación dunha unidade de formación profesional de segundo grao da rama agraria, nun ciclo formativo de grao medio de panificación e repostería.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, (BOE do 26 de xuño), Real decreto 1487/1994, do 1 de xullo (BOE do 28 de xullo), Real decreto 777/1998, do 30 de abril (BOE do 8 de maio), Orde do 7 de xaneiro de 1997 (DOG do 21 de xaneiro), pola que se regula a adecuación das autorizacións dos centros privados de formación profesional de primeiro grao autorizados ou con clasificación definitiva e mailas dos centros de formación profesional de segundo grao homologados para implanta-los ciclos formativos de grao medio.

Considerando que a mencionada solicitude se axusta á lexislación vixente.

Esta dirección xeral, en virtude do establecido na disposición final primeira da referida Orde do 7 de xaneiro de 1997,

RESOLVE:

Autoriza-la transformación dunha unidade de FP2 da rama agraria nun ciclo formativo de grao medio de panificación e repostería, segundo os datos que se relacionan no anexo.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2001.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Localidade: Arzúa

Centro: Escola Familiar Agraria Piñeiral.

Código do centro: 15020313.-1 unidade de FP2 da rama: agraria.

Transfórmase en: -1 ciclo formativo de grao medio de panificación e repostería da familia profesional de industrias alimentarias.

Composición resultante:

a) Centro de educación secundaria: -4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

b) Centro de formación profesional específica:-1 ciclo formativo de grao medio de comercio (1 unidade para 20 postos escolares).-1 ciclo formativo de grao medio de panificación e repostería (1 unidade para 20 postos escolares).

-1 ciclo formativo de grao superior de xestión comercial e mercadotecnia (1 unidade para 20 postos escolares).-1 unidade de FP2 da rama agraria; especialidade de administración e xestión de empresas agrarias.