Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 29 de maio de 2001 Páx. 7.149

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se lle autoriza ó centro privado Nebrija da Coruña a transformación de unidades de formación profesional de segundo grao en ciclos formativos de grao medio.

Examinada a solicitude formulada polo titular do centro privado Nebrija, da Coruña, que solicita a transformación dunha unidade de formación profesional de segundo grao da rama administrativa e comercial nun ciclo formativo de grao medio de comercio; e a transformación dunha unidade de formación profesional de segundo grao da rama sanitaria nun ciclo formativo de grao medio de farmacia.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, (BOE do 26 de xuño), Real decreto 1487/1994, do 1 de xullo (BOE do 28 de xuño), Real decreto 777/1998, do 30 de abril (BOE do 8 de maio), Orde do 7 de xaneiro de 1997 (DOG do 21 de xaneiro),

pola que se regula a adecuación das autorizacións dos centros privados de formación profesional de primeiro grao autorizados ou con clasificación definitiva e mailas dos centros de formación profesional de segundo grao homologados para implanta-los ciclos formativos de grao medio.

Considerando que a mencionada solicitude se axusta á lexislación vixente.

Esta dirección xeral, en virtude do establecido na disposición final primeira da referida Orde do 7 de xaneiro de 1997,

RESOLVE:

Autoriza-la transformación dunha unidade de FP2 da rama administrativa e comercial nun ciclo formativo de grao medio de comercio e a transformación dunha unidade de FP2 da rama sanitaria nun ciclo formativo de grao medio de farmacia, segundo os datos que se relacionan no anexo.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2001.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Provincia: A Coruña

Localidade: A Coruña.

Centro: Nebrija.

Código do centro: 15004356.-1 unidade de FP2 da rama: administrativa e comercial.

Transfórmase en:-1 ciclo formativo de grao medio de comercio da familia profesional de comercio e mercadotecnia.-1 unidade de FP2 da rama: sanitaria.

Transfórmase en:-1 ciclo formativo de grao medio de farmacia da familia profesional de sanidade.

Composición resultante:-2 ciclos formativos de grao medio de xestión administrativa (2 unidades, 30 alumnos/unidade).-2 ciclos formativos de grao medio de comercio (2 unidades, 30 alumnos/unidade).-2 ciclos formativos de grao medio de coidados auxiliares de enfermería (2 unidades, 30 alumnos/unidade).-2 ciclos formativos de grao medio de farmacia (2 unidades, 30 alumnos/unidade).-1 unidade de FP2 da rama: administrativa e comercial (réxime ensinanzas especializadas).-1 unidade de FP2 da rama: sanitaria (réxime xeral).