Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 28 de maio de 2001 Páx. 7.102

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 30 de abril de 2001 pola que se modifica a do 5 de decembro de 2000, pola que se regulan as axudas económicas para a atención de persoas maiores dependentes a través do cheque asistencial e a inclusión no programa das entidades prestadoras de servicios sociais.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 92, do 14 de maio de 2001, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 6.399, no artigo único, no punto 2º, parágrafo primeiro, onde di: «... polo tanto, a contía mínima mensual subvencionable será a diferencia...».

Deberá dicir: «... polo tanto, a contía máxima mensual subvencionable será a diferencia...».