Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 28 de maio de 2001 Páx. 7.100

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 116/2001, do 10 de maio, polo que se modifica o Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineiro-medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 27.14º da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aproba o Estatuto de autonomía de Galicia, atribúe á Comunidade Autónoma competencias exclusivas en materia de augas minerais e termais, que foron asumidas definitivamente mediante o Decreto 132/1982, do 4 de novembro.

No uso desas competencias promulgáronse a Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineiro-medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, que viñeron regular e ordenar un sector de gran relevancia social e económica en Galicia, como é o das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios.

A súa promulgación e posta en práctica foi de indubidable interese e beneficio para o sector, ó ter en conta as especiais características deste no ámbito galego e introducir no seu articulado conceptos relacionados coas últimas tendencias de carácter hidroxeolóxico para a protección en cantidade e calidade dos acuíferos.

A citada lei determinou que os perímetros de protección están constituídos por tres zonas que limitan as actividades que se pretendan levar a cabo nelas: zonas de restriccións máximas (ZMA), medias (ZME) e mínimas (ZMI).

O Decreto 402/1996, no seu anexo I estableceu as actividades prohibidas e as actividades condicionadas que se poden levar a cabo nas tres zonas de restriccións antes citadas, ZMA, ZME e ZMI, coa finalidade de protexe-los acuíferos.

A maioría dos mananciais de augas mineiro-medicinais e termais de Galicia son explotados desde épocas antigas, co conseguinte desenvolvemento e crecemento ó seu carón de núcleos de poboación e das diferentes actividades relacionadas con estes asentamentos.

Esta situación provocou, por unha banda, a imposibilidade práctica, en moitos supostos, de aplicación das restriccións contidas no anexo I do Decreto 402/1996, e, ademais, produciuse tamén a restricción do establecemento doutras novas activida

des, coas conseguintes repercusións socioeconómicas e incluso legais que iso leva consigo.

Por outra parte, a aplicación do ata agora vixente anexo I interfire en competencias xa reguladas por outros preceptos legais específicos en materia ambiental, de xestión de residuos sólidos urbanos, dominio público hidráulico, etc., aplicación que xa cubre en por si as necesidades de protección dos acuíferos.

Por todas estas razóns aparece a necesidade de modifica-lo Decreto 402/1996, afectando basicamente ó anexo I nun dobre sentido: por un lado, refórzase a protección sobre a zona de restriccións máximas (ZMA), ó limita-las actividades que se van desenvolver nesta a aquelas derivadas da propia explotación do aproveitamento e as súas instalacións; por outro adáptanse as restriccións nas outras dúas zonas de protección (ZME e ZMI), ó establecido noutras lexislacións, de xeito que o seu cumprimento debe evita-la contaminación dos acuíferos. Todo iso vese complementado recollendo expresamente aspectos xa reflectidos na lexislación básica estatal en vigor, como son a necesidade de autorización, por parte da delegación provincial da consellería competente en materia de industria, de calquera traballo subterráneo, así como a apertura dun período de audiencia ó titular da concesión en todos aqueles expedientes sobre actividades que poidan afecta-lo normal aproveitamento das augas.

Por todo iso, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio, de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dez de maio de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o articulado do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineiro-medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, nos seguintes termos:

1. O artigo 12º quedará redactado da seguinte maneira:

1. O perímetro de protección para a conservación do acuífero, definido por coordenadas xeográficas referidas ó meridiano de Greenwich, estará constituído por tres zonas que limitarán as actividades que se pretenden levar a cabo nelas: zona de restriccións máximas (ZMA), zona de restriccións medias (ZME) e zona de restriccións mínimas (ZMI). As tres zonas estableceranse en función do que se denomina tempo de tránsito, que se define como o tempo que transcorre entre a entrada dunha substancia no seo do acuífero e a súa extracción pola captación.

A zona de restriccións máximas (ZMA) quedará limitada á zona da captación e as súas instalacións asociadas, limitándose as actividades que se van

desenvolver nesta ás derivadas da propia explotación do aproveitamento e das súas instalacións.

As actividades que se van desenvolver nas zonas de restriccións media e mínima suxeitas a limitacións de prohibición son as sinaladas no anexo I deste regulamento.

2. Ó inicio do aproveitamento o titular do dereito deberá te-la plena dispoñibilidade dos terreos que comprendan a zona de restriccións máximas (ZMA).

2. Modifícanse os puntos 1 e 2 do artigo 16º, os cales quedarán redactados da seguinte maneira:

1. Concluída a tramitación do expediente e, á vista dos informes recadados, a delegación provincial correspondente elevarao, co seu informe, á dirección xeral competente en materia de augas minerais e termais, que dictará a resolución que proceda, no tocante ó outorgamento do aproveitamento das augas solicitado.

A resolución que se dicte conterá, como mínimo, os seguintes puntos:

a) Nome e domicilio do titular a favor do que se outorga o aproveitamento.

b) Clase das augas, caudal máximo aproveitable, finalidade e forma de utilización das augas e condicións de aproveitamento e tratamentos autorizados.

c) Delimitación do perímetro de protección.

d) Tempo máximo de explotación autorizado.

e)Condicións especiais que en cada caso proceda impoñer ós aproveitamentos.

3. Créase un punto 4 do artigo 16º, que quedará redactado da seguinte maneira:

4. Unha vez outorgada a concesión ou autorización do aproveitamento, a consellería competente en materia de industria remitiralles unha copia da autorización ós organismos das diversas administracións públicas con competencias específicas no territorio afectado.

4. O artigo 18º, ó que se incorporan os puntos 2 e 3, quedará redactado da seguinte forma:

1. A autorización ou concesión dos aproveitamentos das augas aquí reguladas outorgan ó seu titular os seguintes dereitos:

a) Dereito á utilización exclusiva das augas na forma, condicións e durante o tempo que fose fixado na correspondente resolución administrativa.

b) Á protección do acuífero en cantidade e calidade para o seu normal aproveitamento na forma en que fose concedido e a utiliza-los medios legais necesarios para impedir que se realicen dentro do perímetro de protección que se fixase, traballos ou actividades que puidesen prexudica-lo acuífero ou o seu normal aproveitamento.

c) Ó aproveitamento das augas minerais que se encontren no perímetro de protección autorizado e que pertenzan ó mesmo acuífero, logo de incoación

dos oportunos expedientes de declaración e aproveitamento.

2. Calquera traballo subterráneo que se realice dentro do perímetro de protección deberá contar previamente coa autorización da delegación provincial da consellería competente en materia de industria, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.

3. Concederase audiencia ó titular da autorización ou concesión antes de resolver en tódolos expedientes relativos á concesión de autorización para realizar traballos ou desenvolver actividades, dentro do perímetro de protección, que poidan prexudica-lo normal aproveitamento das augas.

A autorización administrativa para desenvolver traballos ou actividades dentro do perímetro de protección outorgarase sen prexuízo de terceiros.

5. O parágrafo 3 do artigo 30º quedará redactado da seguinte maneira:

3. Estes establecementos poderán dispoñer de instalacións de complemento turístico, de ocio e industriais, que quedarán sometidas as súas normativas específicas.

Así mesmo, os establecementos balnearios deberán respecta-la lexislación vixente en materia de defensa dos consumidores e usuarios.

6. O anexo I queda redactado da seguinte forma:

A.-Actividades relativas a residuos perigosos

ACTIVIDADESZMEZMI

Producción de residuos perigososProhibido o establecemento de novas instalaciónsProhibido el establecimento de novas instalacións

Almacenamento e estacións de transferenica de residuos perigososProhibidosProhibidos

Eliminación valorización e/ou vertedura de residuos perigososProhibidosProhibidos

B.-Actividades relativas a residuos urbanos ou municipais

ACTIVIDADESZME

Depósitos controlados de residuos urbanos ou municipaisProhibidos

Almacenamento e estacións de transferencia de residuos urbanos ou municipaisProhibidios

Plantas de valorización ou tratamento de residuos urbanos ou municipaisProhibidos

C.-Actividades relativas a residuos radioactivos

ACTIVIDADESZMEZMI

Almacenamento de residuos radioactivosProhibidosProhibidos

D.-Actividades relativas a verteduras supeficiais

ACTIVIDADESZMEZMI

Verteduras superficiais: relación I de substancias, segundo o Real decreto 849/1986, do 11 de abrilProhibidosProhibidos

E.-Actividades relativas a outras verteduras

ACTIVIDADESZME

Verteduras ou almacenamentos profundos, mediante pozos, foxos, galerías, inxeccións ou acúmulos en estructuras subterráneasProhibidos

Santiago de Compostela, dez de maio de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio