Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Sábado, 26 de maio de 2001 Páx. 7.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía do 26-3-2001, acordouse proceder á tramitación cautelar do Plan parcial do sector de SUNP Sur-K (avda. de Madrid-San Fiz), do PXOU vixente, solicitado por Jesús Pernas Carreiras e outros, e isto en execución do auto dictado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 11-1-2001.

Ó entenderse este aprobado inicialmente polo xogo do silencio administrativo establecido no artigo 46 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese á información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (ronda da Muralla, número 197), e presentarse reclamacións ou suxestións que se desexan.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados e que, por resultaren descoñecidos ou por innorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Lugo, 27 de marzo de 2001.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía nº 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente de alcalde delegado de Área