Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Sábado, 26 de maio de 2001 Páx. 7.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan Parcial do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo (expediente 4959/411).

O Pleno do Concello, en sesión do 26 de marzo de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o Plan parcial do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, promovido polo Consorcio Zona Franca de Vigo, redactado pola entidade mercantil Interurbán, S.A. e asinado polo enxeñeiro director Roberto Aya Duarte (expediente 4959/411).

Segundo.-Desestimar, estimar parcialmente e estimar integramente as alegacións presentadas no trámite de información pública, no sentido recollido na parte expositiva do presente acordo e no informe municipal da oficina de planeamento do 29-1-2001 que se transcribe nos devanditos antecedentes, polos motivos detallados neste último.

Terceiro.-No proxecto de urbanización correspondente ó ámbito de referencia deberán resolverse definitamente as cuestións ambientais sinaladas no informe do 16-1-2001 do Departamento de Medio Ambiente do concello, así como a relativa á subministración de auga, resultando obrigado o CZFV á construcción dun depósito regulador. Tamén no devandito proxecto de urbanización deberá recollerse unha partida orzamentaria e detallada (por partidas específicas) sobre o custo das obras de execución dos aparcamentos públicos previstos no Plan parcial.

Cuarto.-Publica-lo presente acordo no DOG e no BOP, con notificación individualizada ós propietarios directamente afectados, na forma legal. Publica-la normativa e ordenanzas do Plan parcial no BOP. Remitir unha copia autenticada do expediente administrativo e de dous examplares do Plan parcial definitivamente aprobado ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio, e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios que sexan descoñecidos, dos que se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 11 de abril de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo