Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Sábado, 26 de maio de 2001 Páx. 7.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

PROXECTO de urbanización na Doria-Piñor.

A Comisión de Goberno deste concello, na sesión do día da data, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización de vieiro interior nun pre

dio de Manuel Ramos González, na Doria-Piñor, segundo documentación técnica redactada polo enxeñeiro técnico Carregado Pazos. De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública durante un mes a partir da publicación do pertinente edicto no DOG, podendo ser examinado o expediente e formularse as alegacións ou reclamacións oportunas na secretaría municipal.

Barbadás, 17 de abril de 2001.

José Manuel Freire Couto

Alcalde