Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Sábado, 26 de maio de 2001 Páx. 7.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2001 pola que se corrixen erros na do 23 de abril de 2001 pola que se anunciou a licitación, polo sistema de concurso aberto, do contrato das obras de urbanización do SUNP 16, Volta do Castro-Santiago de Compostela. (Expediente C-2000/URB 02).

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 85, do xoves 3 de maio de 2001,

DISPOÑO:

1. Corrixir na páxina 5.981, onde di: «Clasificación: grupo G; subgrupo 4; categoría f. Grupo E; subgrupo 1; categoría f. Grupo I; subgrupo 6; categoría f», debe dicir: «Clasificación: grupo G; subgrupo 4; categoría f. Grupo E; subgrupo 1; categoría f. Grupo I; subgrupo 6; categoría e».

2. O prazo de presentación de proposicións establecido na sinalada resolución computarase a partir do día seguinte ó da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2001.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo