Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Sábado, 26 de maio de 2001 Páx. 7.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se fai público o requirimento de emenda de documentación: sinatura do interesado no escrito de recurso extraordinario de revisión interposto en relación co expediente sancionador de pesca fluvial PO-97/235.

De conformidade co disposto no artigo 59.4ºda Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo o citado requirimento para que, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ó da publicación, compareza, en horas de oficina, na Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, co obxecto de asina-lo citado recurso. De non asinalo no prazo outorgade, de conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, terase

por desistido da súa petición, arquivándose sen máis trámites.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2001.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

ANEXO

Procedemento sancionador de pesca fluvial: Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Expediente número: PO-97/235.

Interesado: Antonio Lorenzo Vázquez.

Último enderezo coñecido: San Xoán de Arcal número 80 Redondela (Pontevedra).