Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Sábado, 26 de maio de 2001 Páx. 7.085

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 16 de maio de 2001 pola que se autoriza o inicio de actividades do centro de menores de atención específica Montefiz (Ourense).

En virtude do disposto no artigo 29 da Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais e do artigo 6

do Decreto 243/1995, do 28 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación de centros de servicios sociais, os centros de servicios sociais propios da Comunidade Autónoma crearanse mediante decreto, precisándose orde da consellería competente para o inicio das súas actividades.

Mediante Decreto 86/2001, do 6 de abril, creouse o centro de menores de atención específica Montefiz (Ourense), procedendo concede-lo permiso de inicio das súas actividades.

Polo exposto e en uso das facultades que me son atribuídas polo Decreto 488/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica desta consellería e os decretos 117/1999, do 23 de abril, e 202/2000, do 21 de xullo, que modifican o Decreto 488/1997, e a disposición final do Decreto 86/2001, do 6 de abril,

DISPOÑO:

Artigo único.-Autorízase o inicio de actividades do centro de menores de atención específica Montefiz (Ourense), sito no barrio de Montealegre, s/n, Ourense, coas condicións que figuran no anexo.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2001.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

ANEXO

Provincia: Ourense.

Localidade: Ourense.

Enderezo: Barrio de Montealegre, s/n.

Tipoloxía: centro de menores, carácter residencial, de atención específica.