Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 25 de maio de 2001 Páx. 7.075

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de convocatoria e aprobación das bases para prover unha praza de técnico-tesoureiro, mediante promoción interna.

Por decreto da alcaldía do 23 de abril de 2001, aprobáronse a convocatoria e as bases para prover, mediante promoción interna entre funcionarios do Concello de Sada, polo sistema de concurso, unha praza de técnico-tesoureiro, pertencente á escala de Administración especial, grupo A.

A devandita convocatoria e as bases publicáronse integramente no BOP da Coruña nº 103, do luns 7 de maio de 2001.

Os interesados en participar no proceso selectivo deberán presenta-las súas instancias no prazo de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Sada, 14 de maio de 2001.

O alcalde

Rubricado