Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 25 de maio de 2001 Páx. 7.075

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-401).

Por Resolución 2453/2001, con data do 9 de maio de 2001, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle parcelas nº 99 e 101, na rúa do Mar, en Breixo-Dorneda, tramitado por José Linares López e outra.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do devandito expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 10 de maio de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta