Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 25 de maio de 2001 Páx. 7.075

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno, na sesión do día 23 de abril de 2001, aprobou inicialmente o proxecto de compensación da unidade delimitada nos números 35 e 37 da rúa das Flores (Roxos-Villestro) e terreo anexo a esta, promovido por Bernardo Falcón Acha.

O ámbito de actuación está comprendido entre os seguintes lindes:

Norte: parcela rústica número 327 de concentración parcelaria, propiedade de José Capeáns Méndez.

Sur: parcelas rústicas de Manuel Rey Vilouta e Francisco Acuña García.

Leste: rúa das Flores.

Oeste: terreos de Daniel Vilouta Ríos, Manuel Vilouta Lago e outros e camiño público.

De conformidade co disposto nos artigos 44.3º e 102.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, os expedientes sométense a información pública durante o prazo de vinte días, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-los expedientes na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo