Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 25 de maio de 2001 Páx. 7.074

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o día 26 de abril de 2001, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle para a reordenación de volumes na U.A. sen número no Burgo, promovido pola sociedade Residencial Jardín del Burgo, S.L. e redactado polo arquitecto Carlos Montero López.

2. Somete-lo documento inicialmente aprobado a información pública polo prazo dun mes, o que se anunciará no DOG e nun xornais de maior difusión da provincia.

Os prazos contaranse desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal) e poderá examinarse o expediente nas oficinas municipais do Servicio

de Urbanismo e presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Culleredo, 2 de maio de 2001.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro de Urbanismo