Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 25 de maio de 2001 Páx. 7.074

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PDU-6/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 4 de maio de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da vía paralela á avenida de Monserrat, tramo correspondente á parcela da Residencia Santa Teresa de Jornet, presentado pola Congregación Religiosa Hnas. Ancianos Desamparados.

Segundo.-Porceder á exposición pública do expediente, anunciándose así no DOG e nun xornal de maior circulación na provincia.

Terceiro.-Notificar ós promotores do documento.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de Planeamento do Servicio de Urbanismo, en horario laboral das 12 ás 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán por conta do seu promotor.

A Coruña, 9 de maio de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo