Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 25 de maio de 2001 Páx. 7.074

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 8 de maio de 2001, en virtude da delegación da alcaldía (Resolución 7 de xullo de 1999), aprobou inicialmente o proxecto de urbanización do tramo rúa 53 (Vía-2) 1ª travesía rúa Corredoira (Vía-3), Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, exponse ó público polo prazo dun mes contado desde o seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que durante el poida ser examinado polos interesados, e presentaren, se é o caso, as alegacións ou reclamacións que coiden pertinentes.

Lalín, 11 de maio de 2001.

O alcalde-presidente

Rubricado