Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 25 de maio de 2001 Páx. 7.057

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2001 pola que se convocan probas selectivas para cubrir unha praza de técnico especialista de investigación, do grupo III, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 18 da Lei de reforma universitaria en

relación co artigo 3.2º e) da mesma norma, así como nos estatutos desta universidade, resolve convocar probas selectivas para cubrir 1 praza de técnico especialista de investigación, do grupo III, vacante no seu cadro de persoal laboral, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo 1 praza de técnico especialista de investigación, do grupo III, do convenio colectivo do persoal laboral das universidades públicas de Galicia (DOG do 18 de outubro de 1996), polo sistema de promoción interna e polo sistema de acceso libre.

1.2. Os procesos de selección de promoción interna e libre realizaranse separadamente, e será en primeiro lugar o de promoción interna. De non cubrirse a vacante por promoción interna, ofertarase para ser cuberta por acceso libre.

1.3. Os aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas de acceso.

1.4. O procedemento de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición. No que se refire ás probas e valoracións axustaranse ó que se especifica no anexo I desta convocatoria.

1.5. A adxudicación das prazas ós aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida sumando ámbalas dúas fases.

1.6. O programa que rexerá na fase de oposición especifícase no anexo II.

1.7. Estas probas selectivas axustaranse ó disposto no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso de persoal ó servicio da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, ó Decreto 95/1991, do 20 de marzo, ós estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 473/1997 da Xunta de Galicia, do 28 de novembro, ó convenio colectivo do persoal laboral das universidades públicas de Galicia (DOG do 18 de outubro de 1996), á Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24 de decembro) sobre acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, e ás bases desta convocatoria.

2. Requisitos dos aspirantes.

2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o momento de formalización do contrato:

a) Ser español ou nacional dun estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados, ós

que, en virtude de tratados interncionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos que en esta está definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea. Tamén poderán participa-lo cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así estea previsto nos tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade.

c) Estar en posesión do título de bacharelato superior, FP2 ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá posuí-la credencial que acredite a súa homologación.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado de servicio de calquera das administracións públicas en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio da función pública.

2.2. Os aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán reunir, ademais, os seguintes requisitos:

a) Te-la condición de persoal laboral fixo de calquera das universidades públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Pertencer a distinta categoría que á das prazas convocadas na presente convocatoria.

c) Ter unha antigüidade mínima de 6 meses como persoal laboral fixo na categoría á que pertenzan o último día de prazo de presentación de solicitudes.

d) Poderán quedar exentos do requisitos da titulación esixido para quenda libre, agás que na relación de postos de traballo a titulación sexa esixida preceptivamente.

3. Solicitudes.

3.1. Quen desexe tomar parte nestas probas selectivas deberá solicitalo ó rector da Universidade de Santiago de Compostela en instancia segundo o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os aspirantes deberán facer constar na súa solicitude o sistema polo que se inscriben, libre ou de promoción interna, segundo corresponda.

3.2. A instancia irá acompañada de fotocopia do DNI.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar:

-Dúas fotocopias do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de viviren a expensas ou estaren a cargo do nacional doutro estado co que teñan o dito vínculo.

-Declaración ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ó seu cargo.

-De conformidade co disposto na base 6.5. da convocatoria, os aspirantes que estean exentos da realización da proba previa de acreditación do coñecemento do castelán, xuntarán para tal efecto fotocopia compulsada dos diplomas básico ou superior de español como lingua estranxeira ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas. De non achegaren esta certificación, non poderán ser declarados exentos, polo que deberán realiza-la proba á que se refire o número 6.5. desta convocatoria.

3.3. Os documentos xustificativos dos méritos que se valorarán na fase de concurso serán achegados, no prazo improrrogable de 10 días contados a partir do seguinte ó da publicación das cualificacións do último exercicio da fase específica, polos aspirantes que o superaran, da seguinte forma:

3.3.1. Certificación acreditativa dos servicios prestados, expedida pola unidade de persoal da universidade pública de Galicia onde prestaron os ditos servicios referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

3.3.2. Fotocopia dos diplomas dos cursos de formación e cualificación profesional.

3.3.3. A experiencia profesional acreditarase mediante certificación da correspondente xerencia ou unidade de persoal da Administración onde prestase servicios.

3.3.4. A certificación acreditativa dos extremos indicados na base 3.3.1., 3.3.2. (certificaranse os cursos que figuren no expediente) e 3.3.3., expedirase de oficio para os aspirantes que presten ou prestasen os seus servicios na Universidade de Santiago de Compostela, e engadirase á solicitude do aspirante.

3.3.5. En calquera momento a universidade poderá requirir dos candidatos os orixinais ou copias debidamente compulsadas dos documentos que se correspondan coas copias simples presentadas.

3.4. A presentación de solicitudes e da documentación indicada nos parágrafos anteriores farase nos rexistros xerais da universidade situados no Rectorado da Universidade de Santiago de Compostela (Colexio de San Xerome. Praza do Obradoiro s/n), na Vicexerencia do Campus de Lugo (avda. de Ber

nardino Pardo Ouro s/n, Polígono de Fingoi, 27002 Lugo), ou nas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

3.5. Os dereitos de exame serán de 3.000 pesetas, que se ingresarán na conta de Caixa Galicia «Oposicións» número: 2091-0388-90-3110000646. Para realiza-lo ingreso deberá utilizarse por triplicado o modelo de solicitude que figura como anexo IV.

En ningún caso a presentación e pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

3.5.1. Procederase á devolución dos dereitos de exame nos seguintes casos: cando non se celebren as probas selectivas ou cando os aspirantes sexan excluídos definitivamente delas, e para tal efecto o reintegro realizarase de oficio, para o que terán que facer consta-los datos bancarios no epígrafe correspondente da solicitude. De non figurar estes datos entenderase que renuncian á devolución dos dereitos de exame.

3.6. Os aspirantes con minusvalidez deberán indicalo na súa instancia e solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que a adaptación sexa necesaria.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de admisión de solicitudes, o rector da Universidade de Santiago de Compostela dictará resolución, no prazo dun mes, pola que se aproba a lista provisional de admitidos e excluídos, na que constarán as causas da exclusión e o prazo para reparalas. Esta resolución publicarase no taboleiro de anuncios do rectorado.

Para repara-los defectos que motivaran a exclusión ou omisión das devanditas relacións, os aspirantes disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da devandita resolución. Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non reparasen a exclusión ou a omisión, serán definitivamente excluídos da realización das probas.

4.2. A resolución que aprobe a lista definitiva, publicada no rectorado, esgotará a vía administrativa, podendo interpoñer contra ela recurso perante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, ou recurso potestativo de reposición diante do rector no prazo dun mes de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. Tribunal.

5.1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura como anexo III a esta convocatoria e terá a categoría terceira das recollidas no Real decreto 236/1988, do 4 de marzo (BOE do 19 de marzo), e no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño).

O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

5.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo ó rector da universidade, cando concorran neles as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non se encontrar incurso nas circunstancias previstas no devandito artigo.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias antes citadas.

5.3. A partir da súa constitución o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes.

5.4. Dentro da fase de oposición o tribunal resolverá tódalas dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deberá facer nos casos non previstos.

5.5. O tribunal poderá dispo-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que estime pertinentes, limitándose os ditos asesores a prestaren a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación destes asesores deberá comunicárselle ó rector da universidade. O nomeamento dos asesores farase público, e seranlles de aplicación as causas de abstención e recusación igual que ós membros do tribunal.

5.6. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos nos que resulte necesario, de forma que os aspirantes con minusvalidez gocen de similares condicións para a realización dos exercicios que o resto dos participantes. Neste sentido, estableceranse para as persoas con minusvalidez que o soliciten na forma prevista na base 3.6 as adaptacións posibles en tempo e medios para a súa realización.

5.7. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes. O tribunal excluirá aqueles opositores que consignen

nas follas de exame o seu nome, ou trazos, marcas ou signos que permitan coñece-la súa identidade.

5.8. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ó das prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

5.9. Para os efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede no Rectorado da Universidade de Santiago de Compostela.

5.10. O tribunal, de conformidade co previsto no artigo 22.2º do convenio colectivo, poderá preve-la constitución de listas de espera, segundo a orde de puntuación acadada nas probas, cos aspirantes que non as superaron, coa finalidade de atender, mediante contratacións temporais, as vacantes e necesidades que poidan producirse ata a realización da seguinte convocatoria.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra «T», de conformidade co establecido na Resolución do 14 de febreiro de 2001 da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

6.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal para acreditaren a súa identidade.

6.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio nun só chamamento, e serán excluídos das probas aqueles que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal.

6.4. O día, hora e lugar de realización do primeiro exercicio faranse públicos na resolución que aprobe a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuarase nos locais onde se realizara o primeiro deles, así como no rectorado da universidade, ou por calquera outro medio que se coide conveniente para asegura-la súa máxima divulgación, cunha antelación de polo menos vintecatro horas á sinalada para a súa iniciación.

6.5. Aspirantes de nacionalidade estranxeira.

6.5.1. Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acredita-lo coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba, na que se comprobará que posúen un nivel axeitado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua.

6.5.2. O contido desta proba axustarase ó disposto no Real decreto 826/1988, do 20 de xullo (BOE do 29 de xullo), polo que se establecen os diplomas acreditativos do coñecemento do español como lingua estranxeira. A proba cualificarase de apto ou non apto. É necesario obte-la valoración de apto

para pasar a realiza-los exercicios da fase de oposición. Quedan eximidos de realizar esta proba os aspirantes que acrediten mediante fotocopia compulsada estar en posesión do diploma básico ou superior de español como lingua estranxeira establecido polo Real decreto 826/1988, do 20 de xullo, modificado e completado polo Real decreto 1/1992, do 10 de xaneiro, ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas ou certificación académica que acredite ter superado tódalas probas dirixidas á obtención dos mencionados diplomas. De non achegaren esta documentación, non poderán ser declarados exentos, debendo, en consecuencia, realiza-la proba descrita no parágrafo anterior.

6.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún dos aspirantes carece dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia ó interesado, deberá propoñe-la súa exclusión ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, comunicándolle tamén as inexactitudes e falsidades formuladas polo aspirante na súa solicitude para os efectos procedentes.

7. Lista de aprobados.

7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública a relación dos aspirantes seleccionados en cada un deles, con indicación da puntuación obtida.

7.2. A lista coa valoración de méritos da fase de concurso farase pública unha vez celebrado o derradeiro exercicio da fase de oposición.

7.3. A cualificación final do concurso-oposición virá determinada pola suma aritmética das puntuacións correspondentes á fase de oposición máis a obtida na fase de concurso de méritos, na forma establecida no anexo I. En caso de empate, daráselle preferencia á maior puntuación obtida na fase de oposición. De persisti-lo empate, dirimirase a prol do candidato que obtivese a maior puntuación na fase de coñecementos específicos. O tribunal fará pública, para cada quenda de acceso, a lista dos aspirantes que, segundo a orde da puntuación total acadada por cada un deles, fosen seleccionados, e que en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ó das prazas convocadas. A devandita relación, que será elevada polo tribunal ó rector da universidade xunto coa proposta de contratación a favor dos aspirantes que figuren nela, será publicada no taboleiro de anuncios do rectorado.

8. Presentación de documentos.

8.1. No prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte a aquel no que se fixesen públicas as relacións definitivas de aprobados no rectorado da universidade, os aspirantes que figuren nelas deberán presentar no Servicio de Planificación e Programación de PAS (Casa da Balconada, Rúa Nova, 6 de Santiago de Compostela) a seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI ou documento que acredite a súa nacionalidade.

b) Fotocopia compulsada do título esixido.

c) Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública e de non acharse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas, nin realizar actividade ou actividades suxeitas a incompatibilidades.

Os aspirantes de nacionalidade non española deberán acreditar que non están sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu estado, o acceso á función pública.

d) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o imposibilite para o servicio.

e) Os aspirantes con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán acreditar tal condición, se obtivesen praza, mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e, se é o caso, da Administración correspondente.

8.2. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presenta-los documentos expresados na base anterior, poderá acreditarse que se reúnen as condicións esixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito.

8.3. Quen dentro do prazo fixado, e salvo caso de forza maior, non presentase a documentación ou do seu exame se deducise que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderá ser nomeado como persoal laboral fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial.

9. Disposición derradeira.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 10.1º a) da Lei da xurisdicción contencioso- administrativa, aprobada pola Lei 29/1998 de 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado en tanto non se dicte resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do

procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2001.

P.D. (Resolución 19-4-2001)

Cástor Méndez Paz

Vicerrector de Profesorado

ANEXO I

Denominacion da praza: técnico especialista de investigación.

Procedemento de selección.

1. O sistema de selección será o de concurso-oposición. Constará das seguintes fases:

1.1. Primeira fase, de carácter eliminatorio: (para quendas de promoción interna e acceso libre).

Constará de dous exercicios:

-Primeiro exercicio, consistirá en contestar por escrito un cuestionario de preguntas tipo test, con tres respostas alternativas das que só unha será a correcta, propostas polo tribunal e correspondentes ó bloque A do programa específico que se relaciona no anexo II.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de 1 hora.

A puntuación será de 0 a 30 puntos, sendo necesario para aprobar ter un mínimo de 15 puntos.

-Segundo exercicio, proba práctica que versará sobre o contido do bloque B do programa específico que se relaciona no anexo II.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de 2 horas.

A puntuación será de 0 a 30 puntos, sendo necesario para aprobar ter un mínimo de 15 puntos.

1.2. Segunda fase:

Quenda de promoción interna.

Proba de coñecemento de lingua galega. Terá carácter selectivo e non eliminatorio. Constará de dúas partes:

-Primeira: consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

-Segunda: consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo de realización deste exercicio será de 1 hora.

A puntuación será de 0 a 10 puntos.

Quenda de acceso libre.

Terá carácter selectivo e non eliminatorio. Constará de dúas partes:

-Primeira parte: coñecementos non específicos do posto. Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de preguntas tipo test, con 3 respostas alternativas das que só unha será a correcta, propostas polo tribunal e correspondentes á segunda fase do programa.

A duración non será inferior a 1 hora.

A puntuación desta parte será de 0 a 10 puntos.

-Segunda parte: proba de coñecemento da lingua galega. Constará de dúas probas:

Primeira: consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre 3 propostos polo tribunal.

Segunda: consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre 3 propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será de 1 hora.

A puntuación será de 0 a 10 puntos.

1.3. Terceira fase: concurso.

Quenda de promoción interna: máximo 30 puntos.

a) Antigüidade: máximo 10 puntos, valorarase a razón de 0,069 puntos por mes traballado.

b) Experiencia: máximo 15 puntos, valorarase a razón de 0,21 puntos por mes traballado na mesma categoría en universidades públicas.

c) Cursos de formación e perfeccionamento, dispensados por centros ou organismos oficiais ou homologados e que estean directamente relacionados co contido da praza. Máximo 5 puntos, que se puntuarán do seguinte xeito:

-Cursos de formación recibidos:

Cursos de aptitude: 0,02 puntos/hora de duración do curso.

Cursos de asistencia: 0,01 puntos/hora de duración do curso.

Curso de iniciación da lingua galega: 0,01 puntos/hora.

Curso de perfeccionamento lingua galega: 0,02 puntos/hora.

No caso de te-los cursos de iniciación e perfeccionamento de galego, só puntuará o de perfeccionamento.

-Cursos de formación impartidos: 0,03 puntos/hora de duración do curso.

Nos cursos nos que non figure o número de horas, a puntuación farase polo mínimo de 10 horas.

Quenda de acceso libre: máximo 15 puntos.

Valorarase o seguinte:

a) Experiencia: máximo 11 puntos. Valorarase do seguinte xeito:

-Na mesma categoría en universidades públicas: 0,15 puntos por mes traballado.

-Na mesma categoría noutras administracións públicas: 0,076 puntos por mes traballado.

-Outras categorías universidades públicas: 0,076 puntos por mes traballado.

b) Cursos: valoraranse igual que na quenda de promoción interna ata un máximo de 4 puntos.

ANEXO II

Denominacion da praza: técnico especialista de investigación.

Programa.

I. Fase: coñecementos específicos.

Bloque A.

1. Conceptos básicos de informática: paquete ofimático Microsoft Office.

2. Material de vidro de uso xeral nun laboratorio. Tipos de vidro. Características. Limpeza.

3. Preparación de disolucións. Expresión da concentración. Relacións estequiométricas.

4. Servicios xerais de apoio á investigación. Aspectos que debe abarca-la oferta dun servicio xeral.

5. Aspectos máis importantes do manexo de mostras nun servicio xeral. Clasificación das mostras en función do seu risco.

6. Criterios para o seguimento da utilización dun equipo de servicios xerais. Procesamento de datos nun servicio xeral.

7. Criterios a seguir nas boas prácticas de laboratorio.

8. Lei de prevención de riscos laborais: dereitos e obrigacións.

Bloque B.

9. Microscopia electrónica de transmisión. Preparación de mostras.

10. Microscopia electrónica de varrido. Preparación de mostras.

11. Características e tipos de cortes para microscopia electrónica.

12. Ultramicrótomo. Preparación de mostras para cortes co ultramicrótomo.

13. Aspectos máis importantes da fixación de mostras. Métodos de fixación de mostras para microscopia electrónica.

14. A microscopia confocal. Características xerais.

15. Preparación de mostras para microscopia confocal.

16. Ultracentrifugación. Tipos de rotores para ultracentrifugar. Preparación de mostras para ultracentrifugación.

II. Fase: coñecementos non específicos.

1. Dereitos fundamentais e liberdades do título primeiro da Constitución española.

2. III convenio colectivo do persoal laboral das universidades públicas de Galicia.

3. Universidade de Santiago de Compostela (USC). Estatutos.

4. USC. Clases e réxime xurídico do persoal de administración e servicios.

5. Centros e servicios da USC. Denominación.

ANEXO III

Denominacion da praza: técnico especialista de investigación.

Tribunal titular:

Presidente: Emilio Quiñoá Cabana, catedrático do departamento de Química Orgánica da Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

-Manuel Lemos Ramos, profesor titular do departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

-Luis Botana López, catedrático do departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

-Luis Alberto Blanco Rivadulla, laboral do grupo V, en representación do comité de empresa da Universidade de Santiago de Compostela.

-Andrés Proupín Castiñeiras, laboral do grupo V, en representación do Comité de Empresa da Universidade de Santiago de Compostela.

Secretaria: Elda Mourelos Vázquez, funcionaria de carreira da escala auxiliar da Universidade de Santiago de Compostela, que actuará con voz pero sen voto.

Tribunal suplente:

Presidente: Carlos Herrero Latorre, profesor titular do departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

-Laura Sánchez Piñón, catedrática do departamento de Bioloxía Fundamental da Universidade de Santiago de Compostela.

-José Vázquez Tato, catedrático do departamento de Química Física da Universidade de Santiago de Compostela.

-Ezequiel Vázquez Fernández, laboral do grupo III, en representación do comité de empresa da Universidade de Santiago de Compostela.

-Francisco Castro Alvaredo, laboral do grupo IV, en representación do comité de empresa da Universidade de Santiago de Compostela.

Secretaria: Isabel Fernández Iglesias, funcionaria de carreira da escala administrativa da Universidade de Santiago de Compostela, que actuará con voz pero sen voto.