Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 25 de maio de 2001 Páx. 7.056

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 20 de marzo de 2001.

Os puntos 1 e 2 da base cuarta da resolución deste centro directivo do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde de ATS/DUE, matrona, fisioterapeuta, TEL, TER, TEAP, hixienista dental, auxiliar de enfermería, grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, traballador social, cociñeiro, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servicios xerais, celador e pinche, prevén que, unha vez rematado o

prazo de presentación de instancias para cada unha das categorías convocadas, clasificadas e revisadas estas, esta división dicte resolución declarando con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos, co motivo da exclusión, para cada unha das citadas categorías, así como a súa publicación.

Por todo isto, esta división

ACORDA:

Primeiro.-Declarar, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o acceso ás devanditas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 20 de marzo de 2001.

Segundo.-As listaxes coa relación de aspirantes admitidos e excluídos, coas correspondentes causas de exclusión, poderán examinarse nos seguintes lugares:

a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Na División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

c) Na oficina de Información ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

d) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

e) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

f) Nos servicios de persoal dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública do Servicio Galego de Saúde.

g) Nos servicios de persoal das xerencias de Atención Primaria do Servicio Galego de Saúde.

h) Na Casa de Galicia en Madrid, sita na rúa Casado de Alisal, número 8.

i) Na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

Terceiro.-Os apirantes excluídos disporán dun prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos