Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 25 de maio de 2001 Páx. 7.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 4 de abril de 2001, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, para a contratación dunha póliza de responsabilidade civil ou patrimonial da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia-Xunta de Galicia, os seus organismos autónomos e persoal ó seu servicio.

Advertidos erros no texto da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 90, do 10 de maio de 2001, é preciso efectua-las correccións oportunas.

Na páxina 6.284, na columna da dereita (punto 6, letra f), na liña 28, onde di: «e información: 1 de xuño de 2001», debe dicir: «e información: 11 de xuño de 2001».

Na mesma páxina e columna (punto 7, letra a), na liña 31, onde di: «a) Data límite da presentación: 14 horas do 1 de», debe dicir: «a) Data límite da presentación: 14 horas do 11 de».

Na páxina 6.285, na columna da esquerda (punto 8, letra d), na liña 2, onde di: «d) Data: 6 de xuño de 2001», debe dicir: «d) Data: 14 de xuño de 2001».