Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 23 de maio de 2001 Páx. 6.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GUNTÍN DE PALLARES

INFORMACIÓN pública.

Aprobado inicialmente o prego de cláusulas económico-administrativas, que rexerá na contratación que se menciona no presente edicto, faise público que poderán ser obxecto de exame e reclamacións, na secretaría deste concello, durante o período de oito (8) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente no BOP, ou DOG, de conformidade co establecido no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Igualmente e, coa excepción do disposto no 122.2º do 781/1986, anúnciase a contratación dos traballos de construcción de centro socio-cultural, xuvenil e da terceira idade no Concello de Guntín.

1. Entidade adxudicataria: Concello de Guntín.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato: realización por procedemento aberto (mediante a forma de concurso) de acordo con proxecto técnico e desagregado, anualidade 2000, redactado polo arquitecto Marcos Parga Prado.

3. Prazo de execución final: prazo máximo de 3 meses a partir do día seguinte ó da acta de comprobación e replanteo do planeamento, que terá lugar dentro dos dez días seguintes ó da formalización do contrato.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

-Tramitación: ordinaria.

-Procedemento: aberto.

-Forma: concurso.

5. Orzamento base de licitación: 13.054.467 pesetas.

6. Garantías.

-Provisional: non se esixe.

-Definitiva: 4% (catro por cento da adxudicación).

7. Obtención da documentación e información:

-Entidade: Concello de Guntín. Rúa Estrada de Santiago, nº 12. C.P. 27211. Teléfono: 982 32 00 01. Fax: 982 32 00 88.

-Data límite de obtención da información: día hábil anterior ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

8. Requisitos específicos do contratista.

-Clasificación esixida: non se esixe.

-Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas.

9. Presentación de ofertas:

-Data límite: 26 (veintiseis) días naturais desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG ou BOP. Se o último fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

9.1. Documentación necesaria: a que sinala o prego de condicións.

9.2. Lugar de presentación: Concello de Guntín (rexistro xeral de 10 a 14 horas).

Admítense as propostas presentadas por correo, dentro do mesmo prazo, pero empresario deberá xustifica-la data da imposición do envío na oficina de correos, anunciando ó concello a remisión de oferta mediante fax, télex ou telegrama, no mesmo prazo.

Igualmente serán admitidas aquelas que o efectúen nos organismos regulamentariamente establecidos para o efecto, debendo en todo caso, notificalo na forma sinalada anteriormente.

-Datos de lugar de presentación: figuran no número 7.

-Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.

9.3. Apertura de documentación: 3º día hábil (agás sábados) seguinte ó do remate do prazo de presentación, ás 12 horas realizada pola mesa de contratación na sede do concello.

10. Outras informacións: sede do concello (secretaría).

11. Gastos de anuncios: adxudicatario.

Guntín de Pallares, 20 de abril de 2001.

Jesús Carreira Ferreiro

Alcalde