Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 23 de maio de 2001 Páx. 6.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (2006/2000).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 6 de abril de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Concello Pleno acordou, por unanimidade, aprobar definitivamente o estudio de detalle do polígono 3 do sector urbano SU-48, condicionado á modificación do proxecto de urbanización que deberá axustarse á ordenación de superficies e volumes do estudio de detalle, por instancia de Amador Carnero Carnero, en representación de Carnero y López, S.L..

O que se fai público, de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ourense, 24 de abril de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente