Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 23 de maio de 2001 Páx. 6.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FRIOL

EDICTO.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o 8 de maio de 2001, prestou aprobación ós proxectos das obras incluídas na anualidade de 2001 do Plan provincial ás obras e servicios de compentencia municipal (redactados polo enxeñeiro de camiños, José Enrique Cacicedo Herrero), así como os pregos de condicións económico-administrativas para a súa contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e tramitación ordinaria. As obras son as que se relacionan a continuación xunto co seu importe de execución por contrata.

Acondicionamento e mellora da estrada Friol-Begonte por Agruñá e accesos a núcleos de Lamas, As Pardellas e As Veigas; cun orzamento de contrata de 7.065.119 pesetas.

Acondicionamiento e mellora desde a estrada de Narla a Taín pola Portela e da estrada Friol-Para pola Camposa a Bra, cun orzamento de contrata de 9.841.876 pesetas.

Acondicionamento e mellora da pista de Todón a Purreira con saída á estrada de Narla; cun orzamento de contrata de 5.853.006 pesetas.

Exponse ó público polo prazo de 15 días o proxecto e de 8 días os pregos para efectos de exame e presentación de reclamacións, contados a partir do seguinte ó da inserción de edicto no DOG de non presentarse entenderanse definitivamente aprobados.

Supeditado ó transcurso do período de exposición ó público e ó seu resultado, convócase licitación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e tramitación ordinaria, para que os interesados presenten as súas propostas no prazo de 26 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do edicto no DOG.

No BOP publicarase extracto dos pregos de condicións económicos-administrativas que rexerán a licitación.

Friol, 9 de maio de 2001.

Antonio Muíña Pena

Alcalde