Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 23 de maio de 2001 Páx. 6.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD 1/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión do 4 de maio de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle presentado por Xestur-A Coruña, para establecer aliñacións, rasantes, recuamentos e ordenación de volumes para a intervención edificatoria nunha parcela sita na r/ Falperra, 1.

Segundo.-Proceder á exposición pública do documento, anunciándose así no Diario Oficial de Galicia e xornal de maior circulación da provincia.

Terceiro.-Notificar ós promotores do documento.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, Oficina de Planeamento, sito na avenida da Mariña, número 18, en horario laboral das 12 ás 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán por conta do seu promotor.

A Coruña, 9 de maio de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo