Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 23 de maio de 2001 Páx. 6.944

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 110/2001, do 26 de abril, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto número 143 do Plan de Obras e Servicios de 1999 Láncara, estrada provincial A Reboleira-San Martín de Güimil, acondicionamento e mellora do punto quilométrico 1,350 ó 3,500 (concello de Láncara).

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión que tivo lugar o día 17 de novembro de 1999, aprobou o proxecto número 143 do Plan de Obras e Servicios de 1999 Láncara, estrada provincial A Reboleira-San Martín de Güimil, acondicionamento e mellora do punto quilométrico 1,350 ó 3,500 (concello de Láncara) e, na sesión do 26 de xuño de 2000, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A Deputación Provincial de Lugo remitiu a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 6 de abril de 2001.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable o dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 15 de marzo de 2001.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque, segundo sinala a deputación, se tratase de mellora-la estrada provincial que comunica as zonas de Sarria e Láncara coa N-VI e a autovía do Noroeste, dado que o seu estado actual faría totalmente inadecuado o tráfico rodado nunha zona eminentemente agrícola e gandeira que precisa de comunicacións axeitadas para desenvolve-lo seu labor.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteseis de abril de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de número 143 do Plan de Obras e Servicios de 1999 Láncara, estrada provincial A Reboleira-San Martín de Güimil, acondicionamento e mellora do punto quilométrico 1,350 ó 3,500 (concello de Láncara).

Santiago de Compostela, vinteseis de abril de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais