Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 23 de maio de 2001 Páx. 6.941

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2001 pola que se substitúe un vocal do Consello Galego de Servicios Sociais, en representación da Unión Xeral de Traballadores.

O punto 1º do artigo 5 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, no relativo ós consellos de Servicios Sociais establece que a duración do mandato dos vocais representativos será de catro anos, sen prexuízo da súa reelección e da posibilidade de substitución dos titulares e suplentes durante o dito período, por proposta da institución, asociación ou entidade a quen represente.

Así mesmo, o punto 3º do devandito decreto establece que os vocais do Consello Galego de Servicios Sociais serán nomeados polo presidente do consello, por proposta da institución, asociación ou entidade a quen representen, e o nomeamento será publicado no Diario Oficial de Galicia.

Por todo o anterior, con data 10 de agosto de 2000 publícase no Diario Oficial de Galicia número 155 a Resolución do 18 de xullo de 2000 pola que se nomean os vocais do Consello Galego de Servicios Sociais figurando no seu artigo 1 punto 6º os dous representantes da Unión Xeral de Traballadores cos seus respectivos suplentes.

Posteriormente, a Comisión Executiva da Unión Xeral de Traballadores comunica o acordo unánime de substituir no Consello Galego de Servicios Sociais un dos seus representantes designado na anterior Resolución do 18 de xullo, causando baixa como vocal titular Raquel García Tiagonce, designando no seu lugar a Julia Martínez González.

Por todo o anterior, en aplicación do disposto no artigo 5 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, e no uso das facultades que me atribúen os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear como vocal titular do Consello Galego de Servicios Sociais, en representación da Unión Xeral de Traballadores, a Julia Martínez González, en substitución de Raquel García Tiagonce.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2001.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais