Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 23 de maio de 2001 Páx. 6.938

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 29 de marzo de 2001 pola que se regula a autorización de centros, servicios e establecementos sanitarios.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 72, do 11 de abril de 2001, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 4.889, que contén o anexo I, substitúese o modelo de solicitude de autorización previa de

centros, servicios e establecementos sanitarios, con código SA101A polo novo modelo que figura co código SA101J.

Na páxina 4.890, que contén o anexo II, substitúese o modelo de solicitude de renovación da autorización de funcionamento de centros, servicios e establecementos sanitarios, con código SA101C polo novo modelo que figura co código SA101K.

Na páxina 4.891, suprímese o anexo III na súa totalidade, relativo ó modelo de solicitude de autorización de funcionamento de centros, servicios e establecementos sanitarios.