Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 4 de maio do ano en que corre, o estudio de detalle nº4 das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Vilanova de Arousa, en cumprimento do disposto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia, queda exposto ó público o expediente nas oficinas municipais, polo prazo dun mes, durante o que poderá ser examinado e formularse contra el cantas observacións ou reclamacións se coiden oportunas.

Este edicto inserirase no DOG, no BOP e nun xornal dos de maior tirada de Galicia e o período para exame e presentación de reclamacións, iniciarase, en todo caso, a partir do día seguinte ó da súa inserción no último dos anuncios que se publique.

Vilanova de Arousa, 10 de maio de 2001.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde