Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2001 referente á convocatoria para a provisión dunha praza de técnico de Administración xeral.

No BOP da Coruña, número 69, con data do 24 de marzo de 2001, publicáronse integramente as bases e os programas da convocatoria e no número 85, do 14 de abril de 2001, a corrección de erros advertidos na 1ª publicación, para a provisión, mediante o sistema de selección de concurso-oposición libre, da seguinte praza de funcionario de carreira, vacante neste concello e incluída na oferta pública de emprego para o ano 2001:

Unha praza de técnico da Administración xeral, adscrito á área de regulación económica. Escala de Administración xeral, subescala técnica. Grupo de clasificación A do artigo 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto.

De conformidade co establecido nas bases da convocatoria, o prazo de presentación de instancias é de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

Vimianzo, 30 de abril de 2001.

Alejandro Rodríguez Lema

Alcalde