Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

Por resolución desta alcaldía do 7 de marzo de 2001 aprobáronse as bases para a provisión as seguintes prazas incluídas na oferta de emprego público de 2000:

Funcionarios de carreira:

-Unha praza de peón de limpeza.

-Unha praza de subalterno.

Persoal laboral:

-Unha praza de psicólogo.

-Unha praza de auxiliar de servicios de xestión tributaria.

-Unha praza de auxiliar de urbanismo.

-Tres prazas de peóns de servicios varios.

No BOP nº 63, do 29 de marzo de 2001 e taboleiro de anuncios do concello publícanse integramente as bases e programas das convocatorias.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio das convocatorias no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas convocatorias publicaranse unicamente no BOP e taboleiro de anuncios do concello.

Sanxenxo, 3 de abril de 2001.

Telmo Martín González

Alcalde