Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, e disposicións concordantes, faise público que o Pleno deste concello, en sesión do día 26 de abril de 2001, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal no solo urbanizable da estrada do Castro.

Contra o dito acordo, definitivo na vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou BOP de Lugo.

Outeiro de Rei, 27 de abril de 2001.

José Pardo Lombao

Alcalde