Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: execución das obras de acondicionamento e mellora do camiño local de accesos desde o camiño veciñal de Bonxe a núcleos de Mosteiro e límites con Lugo (Cortiña).

Orzamento: 6.490.000 pesetas.

Prazo de execución: 3 meses contados a partir da acta de comprobación do replanteo.

Fianza provisional: 129.800 pesetas.

Fianza definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación.

Información: na secretaría do concello.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, en horas de oficina, no prazo de vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no DOG ou BOP.

Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Outeiro de Rei, 23 de marzo de 2001.

José Pardo Lombao

Alcalde