Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Monterroso.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: concesión da explotación servicio de cafetería do complexo turístico da Peneda.

b) Lugar de execución: A Peneda-Monterroso.

c) Prazo de execución: 5 anos, prorrogables mediante acordo expreso das partes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: establécese un canon anual para pagar polo concesionario de 650.000 pesetas na primeira anualidade, cun incremento anual e acumulativo de 50.000 pesetas ata a quinta anualidade.

5. Garantías.

a) Provisional: 100.000 pesetas.

b) Definitiva: 250.000 pesetas.

6. Obtención de información: Concello de Monterroso-praza de Galicia, 1. C.P.: 27560. Monterroso (LUgo). Teléfono: 982 37 70 01. Fax: 982 37 76 17.

c) Data límite para obtela: ata que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: poderán tomar parte no concurso as persoas físicas ou xurídicas que, tendo plena capacidade de obrar, se dediquen habitualmente como profesionais á hostalería e non estean incursas en ningunha das causas de

prohibición das causas de prohibición do artigo 20 da LCAP.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Lugo, tomando como data para o comezo do cómputo o seguinte ó da última publicación que se produza.

b) Documentación que integrará as ofertas.

-Sobre nº 1: documentación xeral: a comprendida na base 12.2 do prego.

-Sobre nº 2: referencias técnicas: as sinaladas na base 12.2 do prego.

-Sobre nº 3: comprenderá a oferta económica, segundo o modelo que se establece no anexo número II do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Monterroso, praza de Galicia nº 1. C.P. 27560-Monterroso (Lugo).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes contado desde a data en que remate o prazo de presentación das ofertas.

9. Apertura das ofertas: na Casa do Concello de Monterroso o quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación, ás doce horas.

10. Gastos de anuncios: será por conta do adxudicatario o aboamento de cantos anuncios se publiquen con ocasión deste contrato.

Monterroso, 10 de maio de 2001.

Antonio Edelmiro Gato Soengas

Alcalde-presidente