Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.927

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

ANUNCIO.

Aprobado na sesión plenaria ordinaria do día 2 de maio de 2001 o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante concurso con procedemento aberto, das obras do proxecto: centro socio-cultural de Cedeira 2ª fase, como obra plurianual, segundo acordo de aprobación do mesmo proxecto na citada sesión plenaria, faise púbica a convocatoria de licitación, expoñéndose simultaneamente á información pública polo prazo de oito días o prego de cláusulas administrativas particulares, aínda que, no caso de presentación de reclamacións, se aprazará a licitación cando resulte necesario.

Obxecto: contratación da obra: centro social-cultural 2ª fase.

Procedemento: aberto, adxudicación de concurso.

Tipo de licitación: 110.346.891 pesetas.

Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais contados desde o siguinte ó da data de publicación deste anuncio.

Clasificación: grupo A, subgrupo 1. Grupo C, subgrupos 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9, y categoría C.

Criterios obxectivos de adxudicación:

1. Experiencia en obras similares: ata 10 puntos.

2. Baixa sobre o tipo de licitación:

Baixa non superior a un 5%: 0,5 puntos.

Baixa comprendida entre 5% e 10%: 1 punto.

Baixa comprendida entre 10% e 15%: 1,5 puntos.

Baixa comprendida entre 15% e 20%: 2 puntos.

Baixa comprendida entre 20% y 25%: 2,5 puntos.

Baixa superior a 25%: 3 puntos.

3. Reducción de prazo de execución: por cada semana de reducción de prazo de execución sobre o previsto: 0,25 puntos cun máximo por este concepto de 5 puntos.

4. Control de calidade: por ter certificación de homologación: ata 5 puntos en función do certificado de homologación.

Cedeira, 8 de maio de 2001.

O alcalde-presidente

Alcalde