Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.927

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (14/1999).

A Comisión de Goberno Municipal, en sesión que tivo lugar o 20 de abril de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente as bases e os estatutos presentados pola Comisión Xestora do SRAU Altamira-A Zapateira, Promocións O'Carón, do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente.

Segundo.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, advertíndolles que poderán solicita-la incorporación á xunta de compensación no prazo dun mes, contado a partir desta notificación, mediante escrito presentado ante a propia comisión xestora ou ante este concello.

Terceiro.-Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se xunta, facultando a comisión xestora e, no seu nome, a Belia Bellón López como secretaria dela, para a a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

Cuarto.-Advertirlle á comisión xestora que, unha vez vencido o prazo dun mes ó que se refiere o punto segundo precedente, e logo de declaración de firmeza que será realizada por esta Administración, deberá proceder á constitución da xunta de compensación con citación dos propietarios que solicitasen a súa incorporación, para o que dispoñen dun prazo máximo de tres meses contados desde a citada declaración de firmeza.

Quinto.-Designar como representante municipal no órgano rector da xunta o xefe de xestión no Servicio de Urbanismo, Carlos Hernández López.

Sexto.-Requirir da comisión xestora e, no seu nome, de Belia Bellón López, que ingrese na Caixa Municipal, en concepto de depósito previo correspondente á liquidación da taxa por tramitación do expediente, a cantidade de cento cinco mil catrocentas sesenta (105.460) pesetas, advertíndolle de que sen a xustificación de ter ingresada a dita cantidade non se poderá darlle trámite ó proxecto de compensación.

O que se publica indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo

ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Alcadía-Presidencia no prazo dun mes, e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa e, noutro caso, no de seis meses contados desde a desestimación presunta do recurso de reposición; isto é, a partir do mes de o interpor.

Esta publicación producirá tamén os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para aqueles supostos de interesados ós que non poida serlles practicada a notificación persoal e, en concreto, para os titulares catastrais no ámbito do SRAU que a continuación se relacionan:

Herdeiros de Leonor Noreña Basanta.

Jesús Aldao Pan.

A Coruña, 3 de maio de 2001.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda