Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente pola Comisión Municipal de Goberno do Concello de Cangas, con data do 22 de marzo de 2001 a proposta de reparcelación voluntaria da unidade de actuación 19.2 formulada por Ramona Lorenzo Graña, sométese a información pública por un período de vinte días para efectos de reclamacións, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia,

de conformidade co sinalado polo artigo 103 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, servindo o presente anuncio de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios interesados directamente afectados que resultaren descoñecidos ou por se ignora-lo seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Cangas, 23 de marzo de 2001.

José Enrique Sotelo Villar

Alcalde